Sabitlenmiş Tweet

𝟮𝟱 𝗮𝗻𝗼𝘀 𝗱𝗲 𝗵𝗶𝘀𝘁𝗼𝗿𝗶𝗮. 𝗖𝗼𝗿𝗮𝘇𝗼́𝗻 𝗲 𝗥𝗲𝘀𝗶𝘀𝘁𝗲𝗻𝗰𝗶𝗮
O @burelafs é moito máis ca un club deportivo: é un referente consolidado no panorama do fútbol sala estatal e un exemplo de compromiso coa igualdade, o deporte de base e a masa social.
No vindeiro mes de setembro, celebraremos o 25 aniversario, unha traxectoria marcada polo esforzo colectivo, a paixón polo deporte e a capacidade de superación ante os retos.
Na asemblea extraordinaria celebrada a semana pasada, polo Club Deportivo Reyco Burela FS, a xunta directiva trasladou aos socios e socias a delicada situación económica que atravesa a entidade, cualificada como de emerxencia e que podería comprometer a súa continuidade a curto prazo.
Ademais de intensificar contactos con empresas privadas, o club traballa na posta en marcha de iniciativas de financiamento colectivo. Para elo, abrimos unha campaña de doazóns a través da Fundación Imdecum, co obxectivo de mobilizar o apoio social e deportivo ao proxecto.
Dende a entidade agradecemos a máxima colaboración, sabendo que xa se fixo un grande esforzo por parte de moita xente que nos apoiou durante estes 25 anos e, especialmente, esta tempada 25/26.
Axudádenos a continuar resistindo e escribindo historia no fútbol sala español, feminino e masculino.
Toda a información acerca de como contribuir aquí 👇
@s-soci@s-del-burela-fs-conocen-una-situacion-de-emergencia-economica-que-compromete-la-continuidad-de-la-entidad-no-6089/" target="_blank" rel="nofollow noopener">burelafs.org/l@s-soci@s-del…
GRAZAS DE CORAZÓN 🧡

Español













