Roquelodi
3.3K posts


@Martin__Camano A coordinación é unha barbaridade. Esto no fútbol español sería moi complicado

[COMUNICADO] Fin do camiño europeo do Celta. O Celta pon fin ao seu camiño na UEFA Europa League tras caer nos cuartos de final ante o SC Freiburg. Péchase así unha aventura europea marcada pola ilusión, o compromiso inquebrantable de todo o equipo e, sobre todo, pola fermosa comunión cunha afección que sempre estivo ao seu carón. Volver a Europa xa foi, en si mesmo, un gran logro. Un obxectivo construído durante a pasada tempada grazas ao esforzo dun grupo que nunca deixou de crer. Esta edición da Europa League permitiunos recoller os froitos dese traballo e reencontrarnos con esas noites que fan do fútbol algo especial. Abanca Balaídos volveu brillar como nunca, toda a cidade se envorcou co equipo e o escudo do Celta percorreu cada recuncho do continente. Hoxe remata esta travesía, pero queda o orgullo por un equipo cargado de talento Feito na Madroa que nos lembrou cada día, en cada partido, que os soños se constrúen traballando, crendo e sentíndoos con tanta forza que ninguén poida arrebatárnolos. Eles, xunto co resto dos seus compañeiros que fixeron seus os valores celestes, representaron como se merece este club, dérono todo sobre o céspede e nunca, nunca, estiveron sós. Porque, se alguén marcou esta aventura europea, fostes vós. En cada cidade, en cada estadio, sempre houbo unha bandeira, unha bufanda, un corazón celeste ou milleiros… lembrándonos que detrás deste equipo hai unha gran familia. Acompañástesnos por toda Europa e fixestes sentir a todo o plantel o orgullo e a responsabilidade de representar o celtismo. Por todo iso, o Celta quere darvos as grazas, de corazón, porque cada desprazamento, cada xesto de apoio e cada alento foron parte fundamental deste camiño. Hoxe péchase unha etapa, pero o vivido non remata aquí. Todo o contrario. As bases seguen estando máis fortes ca nunca, cun equipo novo, con talento e con raíces que seguirán medrando na Madroa e que representan o presente e, sobre todo, o futuro deste club. Seguiremos mirando cara adiante orgullosos do construído e convencidos de que estes piares sosterán todo o que está por vir. Porque as noites europeas volverán. E, cando o fagan, volveremos a vivilas xuntos. Sempre Celta! 🩵


Estamos ante a mellor afección visitante que veu a #Balaídos? Penso que sí. Clube que ten moitas semellanzas ao noso, aposta por xente xoven, sen grandes inversións, algúns veteranos, adestrador xoven e da casa, anti-nazis... @__TK17__ ogallá nos volvamos atopar en Europa, danke.



🥹 Terminó nuestra primera experiencia cubriendo 𝗧𝗢𝗗𝗔 la Europa League del Celta. ✈️ Hemos 𝗩𝗜𝗔𝗝𝗔𝗗𝗢 a Sttutgart, Zagreb, Razgrad, Belgrado, Salónica, Lyon y Friburgo. 🩵 Ha sido un verdadero placer y un gran 𝗢𝗥𝗚𝗨𝗟𝗟𝗢. ¡𝗚𝗥𝗔𝗖𝗜𝗔𝗦 por vivirlo con nosotros!




🏁 𝗙𝗜𝗡𝗔𝗟 en Abanca Balaídos. Remata a nosa participación na @EuropaLeague. #CeltaSCF ⋄ #EuropaLeague


Os xogadores reciben o apoio fronte a Grada de Animación e o Celtismo canta: ORGULLOSOS DOS NOSOS XOGADORES ‼️

















