

Vane Ríos
2K posts




O @LinguaCoruna Servizo en colaboración coas Bibliotecas organiza o AgoraSón 2024, con Mercedes Peón en concerto. O repartimento das invitacións comezará o luns 21 de outubro no horario habitual das bibliotecas. Toda a info 👇 bibliosons.wordpress.com/2024/10/17/fal…

@Familiacaamagno estarán este venres en concerto no AgoraSón2024 e dende Bibliosons falamos con eles sobre os comezos, a súa evolución e como están a vivir este bo momento a piques de sacar novo traballo. @LinguaCoruna Isto foi o que nos contaron!! 👇😜 bibliosons.wordpress.com/2024/05/07/fal…

Este sábado día 2, poderemos ver a @NastasiaZurcher na @DisfrutonaOrzan, nun concerto en acústico acompañada polo guitarrista Mister Cool. En Bibliosons falamos coa artista e adiantounos algunha que outra sorpresa sobre o concerto.😜 bibliosons.wordpress.com/2024/02/29/nas…



📌Concerto de Nadal: Nouvelle Cuisine, venres 22, na Biblioteca Estudos Locais: entrada libre ata completar a cabida. Achégate!! En Bibliosons falamos con David Miranda do concerto, da historia da banda e moito máis. Concerto de Nadal: Nouvelle Cuisine bibliosons.wordpress.com/2023/12/16/con…

Os clubs de lectura tomamos uns días de descanso pero sabemos que esta é unha boa época para ler ao tempo que descansamos e celebramos. Por iso dende o Club Luns de Fórum compartimos con vós as nosas lecturas trimestrais. clublectura.coruna.gal/2023/12/18/as-…



Hoxe, 10 de outubro, coincidindo co Día Mundial da Sáude Mental, a Biblioteca Fórum grazas á colaboración de terapeutas e sanitarios de @SanidadeACoruna pon en marcha un novo Punto de Lectura no Hospital Marítimo de Oza. Está pensado no uso da lectura cun obxectivo terapéutico.

Música e arte son dúas disciplinas que están moi unidas, ás veces forman parte do mesmo proxecto. È o caso da nova #listadereproducionforum formada por discos que materializaron as súas portadas inspiradas en obras de arte. Dalle ao play🎧 #Bibliosons bibliosons.wordpress.com/2023/04/13/lis…



Dende Bibliosons falamos con @Grande_Amore_OG o protagonista desta edición do #AgoraSón2022 que organiza o @LinguaCoruna en colaboración coas Bibliotecas Municipais da Coruña. A cita é o sábado 22 de outubro ás 21 h. no Centro Ágora. bibliosons.wordpress.com/2022/10/20/con…

Mañá dará comezo o @FestNoroesteEG e dende a #ListaReproduciónFórum facemos un "remember" por algúns dos artistas que pasarán por esta edición e polas pasadas. #bibliosons #spotify #NoroesteEstrellaGalicia bibliosons.wordpress.com/2022/08/09/__t…